Publicacións

DOCUMENTAL. A CATEDRAL DE SANTIAGO: O TEMPLO DAS ESTRELAS

Imaxe
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, no primeiro terzo do século IX, significou o comezo dunha fabulosa epopea realizada por milleiros de persoas. "O Templo das Estrelas" propón unha apaixonante viaxe a través da historia desta fascinante creación arquitectónica e artística, coas sorprendentes vicisitudes e anécdotas daqueles que a fixeron posible.

SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA

Imaxe
A basílica de Santa Sofía, construída polos arquitectos Artemio de Tralles e Isidoro de Mileto entre os anos 532 e 537 por orde do emperador Justiniano é o edificio máis representativo da coñecida como "Idade de Ouro" da arte do Imperio Romano de Oriente ou Imperio bizantino. No seguinte vídeo podes ver algunhas das súas claves.

O PANTEÓN DE AGRIPA

Imaxe
Roma constituíu un inmenso estado imperial que abarcou toda a conca mediterránea e que se converterá no antecedente cultural de todo o orbe Occidental ata a actualidade a través da Idade Media e de Bizancio .   A súa arquitectura, acadou un gran desenvolvemento con tipoloxías totalmente novidosas como as basílicas, os anfiteatros, as termas, oscircos,  acueductos ou monumentos conmemorativos.  Sen lugar a dúbidas, o  Panteón é, xunto o Coliseo, unha das obras máis sobranceiras da arte romana. No seguinte documental podes coñecer algúns dos seus trazos máis característicos.   

A ACRÓPOLE DE ATENAS

Imaxe
A Acrópole de Atenas, situada nun outeiro alongado de 156 metros de altitude, sobre a cidade de Atenas, é un dos conxuntos máis completos e maxestosos da Antigüidade. Foi no século V a. C . cando, por iniciativa de Pericles, o recinto adquiriu unha monumentalidade arquitectónica da que aínda se conservan abundantes vestixios na actualidade. O seguinte vídeo propón unha visita para coñecer mellor as súas características .